O Concello de Ferrol, a través da súa delegación de Cultura, convoca de novo o premio internacional de gravado Máximo Ramos que está dotado dos seguintes premios:
-Primeiro premio: 6.010 euros.
-Segundo premio: 3.005 euros.
-Terceiro premio: 1.503 euros.
O certame está aberto a tódalas técnicas gráficas reproducibles, así como a todas aquelas linguaxes, soportes ou variantes gráficas que o autor estime conveniente, incluída a tridimensionalidade.
Para máis información:
Correo electrónico: cultura*ferrol-concello.es
Páxima web: www.ferrol-concello.es
Ferrol, 11 de agosto de 2003.
José Manuel Couce Fraguela
Concelleiro delegado de Cultura

