Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 02 de outubro de 2003 Páx. 12.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 252/2003.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, nesta Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de Pontevedra, todo isto ó abeiro do establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 252/2003.

Acta nº: 727/2003.

Empresa: Industrias del Poliéster Camiña, S.L.

DNI/NIF: B-36253987.

Enderezo: Catapeixe, 14, Cesantes-Redondela.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 601,02 A.

Documentos que constan no expediente:-Acta de infracción.-Xustificante da notificación.

Vigo, 18 de agosto de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra