Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 02 de outubro de 2003 Páx. 12.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

ANUNCIO de licitación de contrato.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación da consultoría e asistencia técnica para mantemento de estación depuradora (EDAR), expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos polo artigo 122 do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións, a licitación, se ben esta aprazarase no suposto de producirse reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

2. Obxecto do contrato.

a) Consultoría e asistencia técnica para mantemento de estación depuradora (EDAR).

b) Lugar de execución: Becerrerá.

c) Prazo de execución: 1 ano.

3. a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.327,29 A, IVE incluído e anuais.

5. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

Concello de Becerreá, avda. Madrid núm. 2-27640 Becerreá (Lugo).

Teléfono: 982 36 00 04.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido no punto III.2.1.d) do prego.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no DOG, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar:

As proposicións presentaranse en tres sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado documentación administrativa, co contido sinalado no punto III.2.1 do prego.

Sobre B, subtitulado referencias técnicas, co contido sinalado no punto III.2.2 do prego.

Sobre C, subtitulado proposición económica, redactada conforme o modelo sinalado no punto III.2.3 do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Becerreá, avda. Madrid, núm. 2.

d) O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

e) Admítese a presentación de melloras en relación co proxecto aprobado, tanto cualitativas como cuantitativas. Estas melloras deberán ofertarse segundo se establece na cláusula III.2.2 do prego.

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, ás doce horas do primeiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán con cargo ó adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Becerreá, 24 de setembro de 2003.

Ramón Núñez Fontal

Alcalde-presidente en funcións