Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 02 de outubro de 2003 Páx. 12.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (VAR 169/2002).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o 7 de xullo de 2003, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación do Plan de Etapas recollido no Plan Especial de Protección e Recuperación do Castro de Elviña e protección da paisaxe natural, redactada por técnicos municipais.

Segundo.-Dilixencia-lo documento de modificación na súa integridade.

Terceiro.-Publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Cuarto.-Remitirlle á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda unha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do documento definitivamente aprobado, debidamente dilixenciados.

Quinto.-Remitirlle á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo unha copia autenticada do expediente administrativo completo e un exemplar do documento definitivamente aprobado, debidamente dilixenciado.

Este acordo pon fin á vía administrativa, podendo interpor contra o mesmo, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que estime pertinente.

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 10 de xullo de 2003.

P.D.

José Luis Méndez Romeu

Concelleiro delegado de Urbanismo