Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO de expropiación.

Iniciado procedemento de expropiación forzosa para a ocupación dos bens e dereitos que se expresarán, necesarios para a realización das obras do proxecto denominado beirarrúas M.I. CP 0507 desde A Ermida á Pertegaza. Lañas, que foi aprobado polo Pleno do Concello en sesión do 4 de setembro de 2003 e declarado de utilidade pública, faise pública a relación de propietarios e bens afectados para que centro do prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da insercicón deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan os interesados formular alegacións sobre a procedencia da ocupación e a súa valoración, achegando cantos datos permitan a rectificación dos posibles erros que se consideren cometidos na devandita relación.

Para os efectos da emenda de erros na descrición material e legal dos bens, calquera persoa natural ou xurídica poderá comparecer para alegar e presentar cantos antecedentes ou referencias sirvan de fundamento para as rectificacións que procedan.

De nun producirse reclamacións durante o citado trámite de información pública, considerarase aprobada definitivamente a relación concreta de bens e por iniciado o expediente expropiatorio, sen prexuízo de poder alcanzar mutuo acordo en calquera fase do expediente.

Relación de propietarios afectados pola obra denominada beirarrúas M.I. CP 0507 desde A Ermida á Pertegaza. Lañas.

Titular: 1. Santiago Lista Maceiras. Lugar do Campo, Lañas.

Superficie (m): 180,06.

Valoración (euros): 5.401,80.

Arteixo, 17 de setembro de 2003.

P.D. (Decreto 1009/2002)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde