A Comisión de Goberno en sesión que tivo lugar o día 14-8-2003, aprobou inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na unidade de actuación N-23 (Avenida das Américas, Rúa do Pomar) do PXOU vixente, promovido por Construcciones Neira Pérez, S.L.
Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.
Lugo, 26 de agosto de 2003.
José Clemente López Orozco
Alcalde

