Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación do proxecto de modificación do de urbanización da unidade de actuación número 29 do Plan Xeral de Ordenación Urbana/Avenida da Estación (Ponte Bolera), promovido por José García Blanco, Carlos Romero García e Valentín González Dacal.

A Comisión de Goberno, en sesión do vinteoito de xullo de dous mil tres, acordou prestar aprobación á modificación do proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 29 do PXOU, Ponte Bolera, avda. da Estación, promovido por José García Blanco, Carlos Romero García e Valentín González Dacal, e aprobado definitivamente por acordo da Comisión de Goberno do 31-1-2001, autorizándose as modificacións, recollidas no proxecto que modifica e complementa ó de urbanización da unidade de actuación nº 29, redactado polos arquitectos Ricardo Aguilar Argenti e Enrique Barreiro Álvarez, con visado colexial do 13-3-2003, así como anexo á memoria e planos nº 2 e 8, da mesmo autoría e visado colexial do 1-4-2003, que anulan e substitúen os correlativos do proxecto, documentación toda ela que substitúe a documentción que serviu de base ó proxecto de urbanización definitivamente aprobado, suxeitándo

se este acto administrativo a idénticas condicións que as establecidas no acordo do 31-1-2001, e constando no expediente a ratificación da presentación do proxecto de modificación por parte do consello rector da unidade de actuación nº 29.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte a aquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados coiden procedente consonte dereito.

Pontevedra, 25 de agosto de 2003.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente-alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental