Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.412

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO PARA O SERVICIO CONTRA INCENDIOS E DE SALVAMENTO DA COMARCA DE VERÍN

CONVOCATORIA de concurso para a contratación, polo sistema de concurso aberto, da xestión indirecta, mediante concesión do servicio de intervención rápida en emerxencias deste consorcio.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio para el Servicio contra Incendios e de Salvamento da Comarca de Verín, Praza do Concello 1, 32600 Verín (Ourense) teléfono 988 41 46 00, fax 988 41 19 00.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 203/0013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación, en réxime de xestión indirecta mediante concesión do servicio de intervención rápida en emerxencias do Consorcio contra Incendios e de Salvamento da Comarca de Verín.

b) Lugar: concellos de Verín, Laza, Castrelo do Val, Vilardevós, Riós, Monterrei, Oímbra e Cualedro.

d) Prazo da concesión: 5 anos (prorrogables).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canón anual da concesión: 510.860,00 euros/ano.

5. Garantías.

a) Definitiva: (só o adxudicatario) 4% do importe de adxudicación do contrato.

b) Complementaria: 6% do prezo da adxudicación do contrato. Para tódolos efectos esta garantía terá a consideración de garantía definitiva.

6. Obtención de documentación: ver punto 1.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación das ofertas: o décimo quinto día natural seguinte o da publicación deste anuncio no DOG (se coincidise en sábado, domingo ou festivo, prorrogarse o prazo ó seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións por medio das que se concorra á contratación que se convoca, presentaranse conforme o establecido na cláusula décima das administrativas particulares que rexen a contratación.

c) Lugar de presentación: ver punto 1.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: ver punto 1.

b) Data: o seguinte día hábil ó do remate do prazo de presentación de solicitudes. (Se coincidise en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

c) Hora: doce horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base doce das de contratación.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 24 de setembro de 2003.

Juan Manuel Jiménez Morán

Presidente