De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoacción do expediente sancionador por conculcación da Ley 25/1990, do 20 de decembro, del medicamento e do Real decreto 109/1995, do 27 de xaneiro, sobre medicamentos veterinarios, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.
Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Ramona Celia Fernández Álvarez e secretaria a Lucila Beatriz Medina Rodríguez.
O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.
Concedéndolle ó interesado un prazo de quince días, para que poida examina-lo expediente, así como formula-las alegacións que estime axeitada, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, xa que de non efectua-las alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación poderá ser considerado como proposta de resolución.
Pontevedra, 27 de agosto de 2003.
José Manuel Gabeiras Vérez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: SAN-PO-60/2003-MV.
Denunciado: Feliciano Rial González.
Último enderezo coñecido: Manuel de Castro, 5 3º D, Vigo (Pontevedra).
Feito denunciado: non presenta-las receitas dos medicamentos veterinarios atopados na súa explotación, e carecer de anotacións no libro rexistro de tratamentos, dos medicamentos veterinarios subministrados ós animais.
Data do acordo de incoación: 18 de xuño de 2003.
Preceptos infrinxidos: artigo 108.2º a) 14ª da Lei 25/1990, do medicamento e 108.2º a) do Real decreto 109/1995, de medicamentos veterinarios.
Precepto sancionador: artigo 109.1º a) da Lei 25/1990, do medicamento e 110.1ª do Real decreto 109/1995, de medicamentos veterinarios.
Sanción: dúas infraccións leves, correspondendo 1.502,53 euros por cada unha, totalizando 3.005,06 euros.

