De acordo co previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.
c) Nº de expediente: 2003/05/640.1/3.2.2/02.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.
b) Descrición do obxecto: realización do traballo de campo, depuración e gravación dun máximo de 3.816 enquisas, das que 1.642 van dirixidas a empresas do sector industrial e 2.174 a empresas do sector servicios.
c) Boletín ou diario oficial e data da publicación no anuncio da licitación: Diario Oficial de Galicia nº 148, do 1 de agosto de 2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base da licitación: 99.216 euros.
5. Adxudicación.
a) Data: 28 de agosto de 2003.
b) Contratista: Obradoiro de Socioloxía, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 95.300 euros.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2003.
José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

