Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura e selaxe do vertedoiro de Dodro (A Coruña), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e o Concello de Dodro. (Clave 2002/0491).

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura e selaxe do vertedoiro de Dodro (A Coruña).

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental