Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.686

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2003 pola que se adxudican as axudas correspondentes ó Programa de Recursos Mariños, convocadas no anexo II da Orde do 22 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 30 de abril) e na Orde do 13 de febreiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 21 de febreiro).

A Orde do 22 de abril de 2002 (DOG do 30 de abril), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Recursos Naturais do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé no seu anexo II a concesión de axudas correspondentes ó Programa de Recursos Mariños.

De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potes

tade sancionadora entre os seus órganos, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria e na Orde do 13 de febreiro de 2003 (DOG do 21 de febreiro), atendendo ás dispoñibilidades de crédito e por proposta elaborada pola comisión de selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada para realizar por grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma, ós beneficiarios que se relacionan no anexo I desta resolución, nas contías que en cada caso se sinalan e polo período de tempo indicado, que se computará a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización

para contratar persoal deberán realiza-la dita contratación conforme as normas establecidas polas bases da convocatoria.

Segundo.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación de centros tecnolóxicos ós que se relacionan no anexo II desta resolución.

As axudas que se relacionan nos anexos I e II comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización do proxecto, incrementado nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución lle supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Terceiro.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, ás que se relacionan no anexo III desta resolución.

Cuarto.-Concedérlle-las axudas para dotación de laboratorios e departamentos de I+D de empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, ás que se relacionan no anexo IV desta resolución.

Quinto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Sexto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

ANEXO I

Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.740.0

SolicitanteCódigoTítuloDuraciónAno 2003Ano 2004Ano 2005Ano 2006Total

concedido

Persoal

San Juan Serrano, María FuencislaPGIDIT03RMA30102PREfectos tóxicos e patolóxicos dos derivados do petróleo sobre a reproducción de Mytillus galloprovincialis329.711,00 *33.956,0012.734,008.489,0084.890,00Si

Rubio Armesto, BelénPGIDIT03RMA30101PRO rexistro da contaminación do buque Prestige nos sedimentos, seguimento e avaliación na zona do afundimento e na zona litoral342.105,00 *48.120,0018.045,0012.030,00120.300,00Si

Prada Rodríguez, DaríoPGIDIT03RMA16401PRAvaliación e seguimento da contaminación orixinada pola vertedura do buque Prestige no ecosistema galego342.066,00 *48.076,0018.029,0012.019,00120.190,00Si

López Gómez, CarmenPGIDIT03RMA50101PROs solenidos comerciais en Galicia trala catástrofe do Prestige: efecto do verquido en determinados aspectos biolóxicos320.251,0023.144,008.679,005.786,0057.860,00Non

Méndez Felpeto, JosefinaPGIDIT03RMA10301PREstudio da variabilidade xenética en navalla e longueirón: avaliación de bancos naturais antes e despois da vertedura do fuel311.494,00 *13.136,004.926,003.284,0032.840,00Non

(*) As axudas sinaladas con asterisco encádranse nas accións para impulsa-la investigación en materias relacionadas coa conservación do ambiente previstas no convenio de colaboración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para a posta en marcha do plan de axudas para Galicia destinada ós afectados pola catástrofe ocasionada polo buque Prestige.

ANEXO II

Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.781.0

SolicitanteCódigoTítuloDuraciónAno 2003Ano 2004Ano 2005Ano 2006Total

concedido

Persoal

Anfaco CecopescaPGIDIT03RMA00801CTDeterminación dos parámetros de esterilización e a calidade nutricional e organoléptica en conservas de peixes e mariscos en envases de vidro e bolsas plásticas127.735,0027.735,00--55.470,00Non

ANEXO III

SolicitanteCódigoAplicación

orzamentaria

TítuloDuraciónAno 2003Ano 2004Ano 2005Ano 2006Total

concedido

Porc.

subv.

Total

proxecto

Acuinuga (Acuicultura y Nutrición de G., S.L.)PGIDIT03RMA01E08.05.432A.770.0Desenvolvemento do cultivo da pescada Europea(Merluccius Merluccius) fase 1: captura, aclimatación e caracterización de reproductores312.730,0035.007,0035.008,0044.555,00127.300,0020636.483,00

Clúster de la Acuicultura de GaliciaPGIDIT03RMA02E08.05.432A.781.0Deseño de microdietas para substituí-la artemia no cultivo larvario do rodaballo34.502,0012.379,0012.379,0015.755,0045.015,005090.090,00

Clúster de la Acuicultura de GaliciaPGIDIT03RMA03E08.05.432A.781.0Eficacia de diferentes axentes quimioterápicos fronte a patóxenos bacterianos que afectan o rodaballo cultivado33.774,0010.380,0010.380,0013.210,0037.744,005075.500,00

Clúster de la Acuicultura de GaliciaPGIDIT03RMA04E08.05.432A.781.0Deseño de novas dietas para rodaballo34.910,0013.501,0013.502,0017.184,0049.097,0039125.550,00

Insuíña, S.L.

Subproxectos:

PGIDIT03RMA05EProducción de rodaballo OMEGA-3 para a saúde cardiovascular
Insuíña, S.L.08.05.432A.770.028.703,0021.490,0010.086,00-40.279,005080.560,00
Harinas y Sémolas del Noroeste, S.A.08.05.432A.770.0215.169,0037.456,0017.580,00-70.205,0041173.710,00

Insuamar, S.L.PGIDIT03RMA06E08.05.432A.770.0Inmuno e quimioprofilaxe fronte ó escuticociliado patóxeno do rodaballo (Philasterides Dicentrarchi)36.109,0016.799,0016.799,0021.381,0061.088,0050122.198,00

Insuíña, S.L.

Subproxectos:

PGIDIT03RMA07EDeseño e producción dun penso para rodaballo
Insuíña, S.L.08.05.432A.770.035.036,0013.852,0013.852,0017.630,0050.370,0050100.740,00
Harinas y Sémolas del Noroeste, S.A.08.05.432A.770.036.934,0019.069,0019.069,0024.270,0069.342,0050138.684,00

Insuíña, S.L.PGIDIT03RMA08E08.05.432A.770.0Valoración de descartes da acuicultura, mediante a obtención de coadxuvantes tecnolóxicos23.356,008.287,003.889,00-15.532,004335.844,00

Insuíña, S.L.PGIDIT03RMA09E08.05.432A.770.0Detección precoz de aeromonas salmonicida mediante a técnica FISH (fluorescence in situ hybridization) en instalacións de cultivo de rodaballo14.231,0010.448,00--14.679,005029.361,00

Insuíña, S.L.PGIDIT03RMA10E08.05.432A.770.0Desenvolvemento de biofiltros nitrificantes para o reuso de auga en instalacións de acuicultura16.348,0015.676,00--22.024,004252.448,00

Luso-Hispana de Acuicultura, S.L.PGIDIT03RMA11E08.05.432A.770.0Optimización do cultivo larvario de ollomol (Pagellus Bogaraveo)223.292,0057.512,0026.993,00-107.797,0049217.900,00

Piscifactoría Coruñesa, S.A.PGIDIT03RMA12E08.05.432A.770.0Optimización das estratexias de pigmentación en troita arcoiris (Oncorhynchus mykiss)211.629,0028.713,0013.477,00-53.819,0050107.637,00

Promotora Ind. Sadense, S.A. (Proinsa)PGIDIT03RMA13E08.05.432A.770.0Avaliación de rendementos e composición bioquímica do mexillón na ría de sada e dos posibles efectos da contaminación por hidrocarburos do Prestige no cultivo de semente procedente doutras orixes xeográficas da costa galega328.266,0077.734,0077.734,0098.934,00282.668,0050566.636,00

Ramón Pose e Hijos, S.L.PGIDIT03RMA14E08.05.432A.770.0Cultivo de ollomol (Pagellus Bogaraveo) en gaiolas en Galicia211.285,0027.866,0013.079,00-52.230,0050104.477,00

Stolt Sea Farm., S.A.PGIDIT03RMA15E08.05.432A.770.0Caracterización de marcadores microsatélite de linguado (Solea Senegalesnis) e a súa posterior aplicación na constitución optimizada dun stock de reproductores desta especie36.689,0018.396,0018.396,0023.413,0066.894,0050135.003,00

ANEXO IV

SolicitanteCódigoAplicación

orzamentaria

TítuloDuraciónTotal

concedido

Porc.

subv.

Custo

Abkem Iberia, S.L.PGIDIT03RMA01DT08.05.432A.770.0Dotación de laboratorio138.545,007055.065,00

Clúster de Acuicultura de GaliciaPGIDIT03RMA02DT08.05.432A.781.0Dotación de laboratorio117.333,007024.761,00

Insuíña, S.L.PGIDIT03RMA03DT08.05.432A.770.0Dotación de laboratorio132.716,007046.737,00

Pescanova, S.A.PGIDIT03RMA04DT08.05.432A.770.0Dotación de laboratorio1 9.331,007013.330,00

Puerto de Celeiro, S.A.PGIDIT03RMA05DT08.05.432A.770.0Dotación de laboratorio110.437,007014.910,00