A orde desta consellería do 20 de maio de 2002 estableceu as bases reguladoras do programa de leite escolar nesta Comunidade Autónoma, para a concesión das axudas para a subministración ós alumnos de centros escolares dos productos lácteos transformados, de conformidade co establecido nos regulamentos (CE) número 1255/1999, do Consello, e 2707/2000, da Comisión, así como no Real decreto 194/2002, do 15 de febreiro, sobre as modalidades de aplicación no Estado español do establecido nesa normativa comunitaria.
No artigo 4.4º da devandita orde prevese que, para cada curso escolar, poderá variarse o prezo máximo a paga-lo alumno para os diferentes productos subvencionables, de acordo co custo medio da materia prima e as modificacións que, se é o caso, se produzan na contía da axuda e, conforme a dita previsión, a orde desta consellería do 9 de outubro de 2002 (DOG nº 211, do 31 de outubro) actualizou os prezos máximos para o curso escolar 2002-2003.
Dándose, neste momento, as circunstancias do inicio do novo curso escolar 2003-2004 e do incremento do custo do leite e determinados productos lácteos, faise necesario axusta-lo prezo máximo dos diferentes productos subvencionables á situación actual.
Segundo a Lei 7/1994, do 29 de decembro, de creación do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), conforme a denominación actual establecida pola Lei 7/2002, do 27 de decembro, e o Decreto 128/1996, do 14 de marzo, que a desenvolve, así como o Decreto 50/2002, do 14 de febreiro, da súa estructura orgánica, modificado polo 161/2003, do 13 de febreiro, correspóndelle a este organismo, entre outras funcións, a concesión das axudas comunitarias para a subministración de determinados productos lácteos ós alumnos de centros escolares, dentro da organización común de mercados do leite e productos lácteos.
Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e o Decreto 50/2002, do 14 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e do Fogga, modificado polo Decreto 161/2003, do 13 de febreiro,
DISPOÑO:
Artigo único.
Para o curso escolar 2003-2004, os prezos máximos que debe paga-lo alumno polos productos esta
blecidos no anexo I da orde desta consellería do 30 de maio de 2002, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas ós alumnos de centros escolares para o consumo de leite e determinados productos lácteos, serán os indicados no anexo desta orde.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director do Fondo Galego de Garantía Agraria para dicta-las instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.
Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2003.
Juan Miguel Diz Guedes
Conselleiro de Política Agroalimentaria
e Desenvolvemento Rural
ANEXO
Programa de leite escolar
Prezos máximos que pagarán os alumnos
nos centros escolares
Categoría Producto Definición Prezos (euros/kg)
2º
2º bis
3º Leite enteiro tratado termicamente (os demais) en envases dun litro
Leite enteiro tratado termicamente (os demais) en envases de 1,5 litros
Leite enteiro tratado termicamente (os demais) en envases de 200 cc
0,46
0,47
0,90
2º
Ídem. envase de 200 cc 0,67
0,79
1º bis
2º Leite semidesnatado tratado termicamente en envase de 1,5 litros
Ídem. envase de 200 cc 0,45
0,49
0,79
2º
Ídem. envase de 200 cc
0,65
1,10
1º bis
2º dun litro
Leite desnatado tratado termicamente en envase de 1,5 litros
Ídem. envase de 200 cc 0,45
0,46
0,79
2º
Ídem. envase de 200 cc 0,89
1,00
2º
Os petit suisse e queixo en porcións 5,00
2,91
5,10
Ia 1º
Leite enteiro tratado termicamente (pasteurizado)
0,50
Ib 1º
Leite enteiro con sabor a chocolate ou aromatizado con mínimo 90% en peso leite enteiro
Ic 1º Iogur de leite enteiro 1,30
IIIa 1º
Leite semidesnatado tratado termicamente en envase dun litro
IIIb 1º
Leite semidesnatado con sabor a chocolate ou aromatizado con mínimo 90% en peso de leite semidesnatado
IIIc 1º Iogur de leite semidesnatado 1,27
Va 1º
Leite desnatado tratado termicamente en envase
Vb 1º
Leite desnatado con sabor a chocolate ou aromatizado con mín. 90% en peso leite desnatado
Vc 1º Iogur de leite desnatado 1,35
VI 1º
Queixos frescos ou fundidos cun contido de graxas en peso de materia seca igual ou superior ó 40%
VII 1º Os demais queixos cun contido de graxas en peso de materia seca igual ou superior ó 45%
Os prezos virán expresados en euros/quilogramo sumando o IVE vixente e descontada a axuda prevista no Regulamento (CE) 2707/2000.
No caso de que os productos subministrados se expresen en litros, o prezo deberase definir por quilogramo, para o que se empregarán as conversións regulamentarias.
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN
LOCAL

