Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO de poxa con procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Boimorto.

2. Proxecto: ampliación beirarrúas nas Corredoiras.

3. Orzamento: 31.397,63 euros (IVE incluído).

4. Aplicación orzamentaria: 60101,4.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Lugar e prazo de presentación de ofertas: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde a última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

7. Garantía provisional: non se esixe.

8. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

9. Revisión de prezos: non procede.

10. Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación por conta do contratista: os derivados da publicación nos seguintes medios.

a) Diarios oficiais: BOP, tarifa ordinaria; Diario Oficial de Galicia, tarifa ordinaria.

b) Prensa: diario La Voz de Galicia.

11. Apertura de ofertas económicas: terá lugar ás 12 horas do sétimo día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase sábado, domingo ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

12. Outros datos: teléfono: 982 51 60 20.

Lugar para obter copias do proxecto e pregos: rexistro xeral do concello.

Modelo de proposición:

D..., con domicilio en..., rúa..., nº..., teléfono..., con DNI... (ou pasaporte ou que o substitúa), nº..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF nº..., e con domicilio en..., nº..., teléfono...) toma parte na poxa con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de..., e para tal efecto fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... euros (IVE incluído) que significa unha baixa de... euros, en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigacións deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato.

3. Que acompaña a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En..., o... de... de 200..

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo de sobre:

Proposición para tomar parte na contratación das obras de..., presentada por...

..., ... de... de 200..

Boimorto, 11 de setembro de 2003.

José Ignacio Portos Vázquez

Alcalde