Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se acorda notificarlle a Beatriz Avendaño Rivero a resolución dictada por esta consellería, recaída no expediente disciplinario incoado o 2 de xaneiro de 2003.

Non sendo posible a notificación á interesada, de conformidade co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acórdase notifica-la resolución pola que se pon fin ó procedemento instruído á auxiliar de enfermería da residencia asistida de maiores de Vigo, Beatriz Avendaño Rivero, en virtude da cal se lle impón unha sanción de suspensión de emprego e soldo de dous días, como responsable da comisión dunha falta grave do artigo 47.3.b.4 do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, facéndolle saber que contra

a devandita resolución poderá formular, perante esta consellería, reclamación previa á vía laboral no prazo de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais