A Comisión de Goberno do Concello, en sesión que tivo lugar o 25 de de setembro de 2003, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización de modificación puntual do sector C zona 1 do polígono industrial de San Cibrao das Viñas, conforme o acordo que, transcrito literalmente, di:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de modificación puntual do sector C zona 1 do polígono industrial de San Cibrao das Viñas redactado polo arquitecto Jarier Nogueiras Mascarenhas o orzamento de execución material do cal ascende á cantidade de 2.611.293,97 euros, coas modificacións introducidas.
Segundo.-Continua-lo procedemento establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alter
nativamente, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes contado desde a mesma data.
San Cibrao das Viñas, 1 de outubro de 2003.
A alcaldesa
Rubricado

