Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO de licitación.

Pola Comisión Municipal de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 9 de setembro de 2003, acordouse presentar aprobación ó prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación, polo sistema de concurso, en procedemento aberto, para subministración a este concello dunha máquina varredora, por un orzamento total de 120.202,42 euros, e sometelo á exposición pública na secretaría xeral do concello (praza do Concello nº 1), de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de 26 días naturais contados desde a publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG, co fin de que os interesados poidan examinalo e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Ó mesmo tempo, anúnciase o concurso para a adxudicación da mencionada subministración, durante o mesmo prazo, se ben a licitación quedará aprazada en caso de que se presentasen reclamacións contra o modelo de prego de referencia.

Obxecto da licitación: a subministración mediante concurso en procedemento aberto dunha máquina varredora para este concello, cun orzamento de contrata de 120.202,42 euros (IVE incluído).

Tipo de licitación máximo: coincidirá co orzamento de contrata (IVE incluído), podendo ser mellorado á baixa.

Fianzas: a fianza provisional establécese no 2% do orzamento de contrata e a definitiva será do 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de proposicións: na secretaría xeral do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contado desde a publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

Apertura de proposicións: farase na casa do concello, ás 13.00 horas do décimo día hábil seguinte ó de remate de presentación de proposicións. Se coincide en sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

Exposición del expediente: o prego de cláusulas administrativas e o resto da documentación do expediente poderase examinar na secretaría xeral do concello en horas de oficina.

Modelo de proposicións: os licitadores formularán as súas ofertas axustándose ó modelo recollido no anexo do prego de condicións.

Mondoñedo, 17 de setembro de 2003.

Luis Rego Valcarce

Alcalde