Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 24 de outubro de 2003 Páx. 13.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2003 pola que se anuncia o procedemento de licitación, por concurso e procedemento aberto, do contrato de consultoría e asistencia á Dirección Xeral de Transportes desta consellería para a redacción dos proxectos sectorial e de urbanización da área loxística e intermodal do Porto Seco de Monforte de Lemos (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: consultoría e asistencia á Dirección Xeral de Transportes para a redacción dos proxectos sectorial e de urbanización da área loxística e intermodal do Porto Seco de Monforte de Lemos (Lugo).

b) Prazo de execución: véxase cadro de características e prego de prescricións técnicas.

c) Orzamento base de licitación e réxime de anualidades:

Importe máximo: 113.638,24 euros.

Réxime de anualidades:

-2003: 11.363,82 euros.

-2004: 102.274,42 euros.

d) Garantías:

Provisional: 2.272,76 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

e) Requisitos específicos do contratista: solvencia económica, financeira e técnica: véxase cadro de características e prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación, o seu cadro de características e o prego de prescricións técnicas particulares poderanse recoller en:

a) Entidade: nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes e nas delegacións provinciais da CPTOPV.

b) Enderezo: praza de Europa, 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Tamén se poderán recolle-los pregos de cláusulas administrativas particulares e os cadros de características na páxina da Internet www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=3228

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

5. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia; se coincide nun día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda sito nos edificios administrativos de San Caetano s/n, Santiago de Compostela, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme co disposto no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Enderezo: r/ San Caetano, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

6. Apertura das ofertas.

Realizarase nos locais da Dirección Xeral de Transportes; enderezo: praza de Europa, 5-A (2º andar); localidade: Santiago de Compostela; ás 12 horas do décimo primeiro día hábil contado a partir do día seguinte á data límite de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

7. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario ata un importe máximo de 6.000 euros.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda