Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento L.A.T. Tibo I e Tibo II.
Situación: concello de Vilagarcía de Arousa.
Descricións técnicas: recuamento da L.A.T. Tibo I, a 66 kV con conductor LA-196, desde o apoio existente nº 36 ata o novo apoio nº 37 que se vai instalar,
cunha lonxitude de 235 m e da L.A.T. Tibo II, a 66 kV con conductor LA-180, desde o apoio nº 33 existente ata o novo apoio nº 34 que se vai instalar, cunha lonxitude de 154 m desde estes novos apoios continúa subterránea 210 m con dobre circuíto, ata a futura subestación de Vilagarcía de Arousa. A instalación está situada no concello de Vilagarcía de Arousa.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 29 de agosto de 2003.
P.A. (Resolución do conselleiro 22-7-2002)
Mª del Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra

