Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. Rosalía de Castro.
Situación: concello de Vilanova de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. de 3 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Porto-Vilaxoán, entre os CC.TT. San Mauro e Curros Enríquez, e remate no mesmo punto, unha vez que entre e saia do C.T. que se proxecta, de 400 kVA R.T. 20 kV-380/220 V, situado na rúa Rosalía de Castro de Vilanova de Arousa.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta reso
lución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 15 de setembro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

