Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. urbanización San Blas.
Situación: concello de Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor tipo LA-56, LA-30 e LA-56, 50, 44 e 47 m de lonxitude respectivamente. L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. de 246 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. MUR807 (Marín I) e remate na mesma unha vez que entre e saia do C.T. que se proxecta, de 160 kVA R.T. 20 kV/380-220 V, situado na urbanización San Blas (Salcedo) no concello de Pontevedra.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 15 de setembro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

