VI. ANUNCIOS
DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 6 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación da execución da obra de construcción dun paso para peixes no río Ulla. Coto de Couso, no concello de Teo (A Coruña).
Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG nº 201, do 16 de outubro de 2003, é necesario face-la oportuna corrección:
Na páxina 12.921, columna 1, liña 6, no punto 7. Clasificación, onde di: «grupo G, subgrupo F, categoría A», debe dicir: «grupo E, subgrupo 7, categoría A».