Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 27 de outubro de 2003 Páx. 13.320

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO de demanda de financiamento.

Anuncio de demanda de financiamento axustada ós seguintes termos:

Modalidade: préstamo.

Importe: ata 29.067.236,21 euros, cun mínimo de oferta de 15.000.000 de euros (nun ou varios tramos).

Período de disposición: ata 6 meses nunha ou varias disposicións.

Moeda: euros.

Modalidades:

Opción A: tipo de xuro variable referenciado a euribor a 3 meses.

Prazo: entre 7 e 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

Opción B: tipo de xuro fixo.

Prazo: entre 7 e 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

Opción C: Calquera outra estructura que a entidade financeira considere que pode ser de interese para SPI-Galicia, S.A.

Prazo: entre 7 e 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

(SPI Galicia, S.A. reserva para si, en función dos importes ofertados, o dereito a optar por calquera das tres opcións ou ben calquera das combinacións entre elas).

Garantías: as que se deriven do convenio marco e do PEF global de 2003 aprobado polo Consello da Xunta o 13 de febreiro de 2003. O contrato que se asine poderá incluír dentro das causas de vencemento anticipado a modificación substancial do accionariado de SPI Galicia, S.A.

Presentación de ofertas:

As ofertas dirixiranse en sobre pechado á atención do presidente de SPI Galicia, S.A., Praza de Europa, 10 A, 5º, 15703 Santiago de Compostela, facendo constar nel, na marxe superior esquerda, o seguinte:

Oferta Préstamo outubro 2003

Prazo de presentación de ofertas:

As ofertas deberán presentarse antes das 12.00 horas do día 5 de novembro de 2003 no rexistro de SPI Galicia, S.A.

O mandato será outorgado no prazo máximo de 8 días, contados desde a finalización do período de presentación de ofertas.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2003.

Juan José Novoa Montero

Presidente da Sociedade Pública de Investimentos

de Galicia, S.A.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.En Luis Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Cousas, rúa Blanco Porto, 1

Papelería Cositas, San Antoniño, 11-13

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.

Na librería Egea, rúa Sol, 74.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na Xunta de Galicia: edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN LUGO:

Na librería Souto, praza Maior, 14.

EN OURENSE:EN VIGO:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.Na librería Josefa Villar, S.L., rúa Policarpo Sanz, 19.