Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

EDICTO.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (Diario Oficial de Galicia nº 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental para Galicia, acórdase darlle publicidade, mediante esta publicación, á Resolución do 21-5-2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto ponte sobre o río Verdugo e accesos C.P. Ponteverdugo-Cambeses (A Lama), promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra.

A referida declaración de impacto ambiental consta integramente incorporada ó expediente do proxecto ponte sobre o río Verdugo e accesos C.P. Ponteverdugo-Cambeses (A Lama), encóntrase nas dependencias do Servicio de Vías e Obras da Deputación Provincial de Pontevedra, nas que poderá ser consultado polos interesados.

Pontevedra, 2 de outubro de 2003.

O secretario

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado

ASOCIACIÓN HUMANITARIA DE BOMBEIROS VOLUNTARIOS

DE VILAGARCÍA DE AROUSA