Con data do 3 de xuño de 2003, o director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade dictou resolución do expediente sancionador nº 15/2003 CAR, incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Maestro Carnicero Alfonso y Asociados.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Maestro Carnicero Alfonso y Asociados o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia cta. contable 840, código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta Dirección Xeral de Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co dis
posto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2003.
Manuel Barral Castro
Director xeral de Saúde Pública
ANEXO
Nº expediente: 15/2003 CAR.
Denunciado: Maestro Carnicero Alfonso y Asociados, S.L.
DNI/NIF: B-36841062.
Último enderezo coñecido: avda. de Castrelos nº 162 interior. Vigo.
Feito imputado:carecer do rexistro xeral sanitario de industrias de alimentación, dispoñer para a venda de carnes sen identificar e orixe descoñecida carnes conxeladas caducadas.
Precepto/s infrinxido/s: artigo 35 B 1º, 2º da Lei 14/1986, Lei xeral de sanidade; artigo 2º.2.3.4 do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño; anexo XI Regulamento 999/2001 CE, do 22 de maio; R.D. 1712/1991, do 29 de novembro; artigo 3.2º e 3.4º do R.D. 147/1993; artigo 13.13.5.1 do R.D. 379/1984, do 25 de xaneiro.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 3.600 A (tres mil seiscentos euros).
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN
LOCAL

