Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS NEVES

ANUNCIO de estudio de detalle nas Neves en SU-3 entre a rúa Dr. Martínez Rodríguez e a antiga estrada da circunvalación: aprobación inicial.

A Comisión de Goberno, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 2 de outubro de 2003, aprobou inicialmente o estudio de detalle en SU-3 entre a rúa Doutor Martínez Rodríguez e a antiga estrada da circunvalación, promovido por iniciativa particular por Aurora García Bernardez, o cal queda sometido

a información pública polo prazo de vinte días, contados a partires da publicación deste anuncio no DOG, en cumprimento do disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas oficinas do concello de 9.00 a 13.00 horas e formula-las reclamacións e alegacións que consideren pertinentes.

Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou, intentada esta, non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se consideran no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

As Neves, 7 de outubro de 2003.

Raúl Emilio Castro Rodríguez

Alcalde-presidente