Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO para contratación de subministración.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Ribeira.

Dependencia tramitadora: Oficina Municipal de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

Denominación: adquisición de papeleiras e contedores.

Prazo de entrega: dous (2) meses.

Plan: municipal, subvencionado polo organismo autónomo Parques Nacionais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Forma: concurso.

Procedemento: aberto.

Tramitación: urxente.

4. Orzamento.

Prezo base de licitación: 32.521,30 euros (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 650,43 euros.

Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Ribeira.

Domicilio: praza do Concello, nº 1. Ribeira (A Coruña). C.P. 15960.

Teléfono: 981 83 54 17. Extensión: 214.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.

7. Presentación de ofertas.

Prazo: oito días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, en horario de 9.00 a 13.30 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira.

Modelo de proposición: véxase o anexo II do prego de condicións.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

8. Apertura das ofertas.

Lugar: Casa do Concello de Ribeira.

Data e hora: o segundo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12.00 horas. No caso de que coincida en sábado, celebrarase o seguinte día hábil.

9. Gastos.

Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Ribeira, 31 de outubro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Alcalde