Obxecto: contratación da asistencia técnica para a auscultación da presa de Rosadoiro propiedade da Deputación Provincial da Coruña.
Lugar de execución: provincia da Coruña.
Prazo de execución: será dun ano contados desde o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2004 logo de formalización do contrato en documento administrativo. Non obstante o citado prazo poderá prorrogarse de maneira expresa e con carácter anual e por outro ano.
Forma de adxudicación: concurso.
Orzamento: o importe anual máximo para esta contratación ascende a un total de 20.920,81 euros (IVE engadido). No presente contrato nin na súa duración inicial nin na súa prórroga aplicarase revisión de prezos.
Garantía provisional: non se esixe.
Garantía definitiva: non se esixe.
Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.
Proposicións: data límite ata ás 13.00 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.
Anuncio extenso: BOP da Coruña.
A Coruña, 28 de outubro de 2003.
José Luis Torres Colomer
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
José Luis Almau Supervía
Secretario da Deputación Provincial da Coruña

