A Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social, regula no seu artigo 53 a creación, composición e funcións da Comisión Interdepartamental de Loita contra a Pobreza, como órgano encargado da elaboración e elevación de propostas ó Consello da Xunta de Galicia sobre medidas xerais que favorezan a integración social das persoas máis desfavorecidas, a través dunha actuación integrada e multisectorial dos distintos departamentos da Xunta de Galicia.
Con data do 2 de maio de 2002 foi constituída formalmente a Comisión Interdepartamental de Loita contra a Pobreza, quedando designados os representantes das distintas consellerías e o titular da secretaría desta.
Posteriormente, o Decreto 244/2002, do 11 de xullo, regula a súa composición, funcionamento, órganos e réxime de traballo, establecendo que a comisión estará composta por un total de 17 membros, cun representante de cada unha das consellerías da Xunta de Galicia, designados polos respectivos conselleiros.
No artigo 1 do Decreto 244/2001, do 11 de xullo, establécese que por cada membro titular nomearase tamén un suplente, que no caso da vicepresidenta será o secretario xeral da consellería competente en materia de asuntos sociais, e no caso de secretarios xerais ou directores xerais, terá a categoría de subdirector xeral.
Por todo isto, en aplicación do artigo 1 do Decreto 244/2002, do 11 de xullo, oído o pleno da Comisión Interdepartamental de Loita contra a Pobreza na sesión ordinaria con data do 31 de outubro de 2002, e en aplicación do disposto na disposición derradeira primeira do Decreto 244/2002, do 11 de xullo,
DISPOÑO:
Artigo único.-A Comisión Interdepartamental de Loita contra a Pobreza, de acordo co artigo 1 do Decreto 244/2002, estará composta polos seguintes membros:
Presidente: o presidente da Xunta de Galicia.
Vicepresidente: o/a titular da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
Suplente: o/a titular da Secretaria Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
Vocais:
-O/a titular do centro directivo de Relacións Institucionais, en representación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
-Suplente: o/a titular da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior, da Secretaria Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, da anterior consellería.
-O/a titular do centro directivo de Formación e Colocación, en representación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
-Suplente: o/a titular da Subdirección Xeral de Colocación da anterior consellería.
-O/a titular do centro directivo de Familia, en representación da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.
-Suplente: o/a titular da Subdirección Xeral de Familia da anterior consellería.
-O/a titular do centro directivo da División de Asistencia Sanitaria, en representación da Consellería de Sanidade.
-Suplente: o/a titular da Subdirección Xeral de Coordinación e Avaliación Asistencial da anterior consellería.
-O/a titular do centro directivo do Centro de Desenvolvemento Sostible, en representación da Consellería de Medio Ambiente.
-Suplente: o/a titular da Subdirección Xeral de Planificación e Promoción de Desenvolvemento Sostible da anterior consellería.
-O/a titular da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, en representación da devandita consellería.
-Suplente: o/a titular da Subdirección Xeral de Programación e Coordinación Orzamentaria da anterior consellería.
-O/a titular da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en representación desta consellería.
-Suplente: o/a titular da vicesecretaría xeral da anterior consellería.
-O/a titular do centro directivo de Promoción Cultural, en representación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
-Suplente: o/a titular da Subdirección Xeral de Promoción Cultural, do Libro e Bibliotecas da anterior consellería.
-O/a titular do centro directivo do Instituto Galego de Estatística, en representación da Consellería de Economía e Facenda.
-Suplente: o/a titular da Sudirección Xeral de Coordinacion Técnica e Planificación Estatística da anterior consellería.
-O/a titular do centro directivo de Centros e Ordenación Educativa, en representación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
-Suplente: o/a titular da Subdirección Xeral de Ordenación Educativa da anterior consellería.
-O/a titular do centro directivo de Apoio á Inmigración, en representación da Consellería de Emigración.
-Suplente: o/a titular da Subdirección Xeral de Apoio á Inmigración da anterior consellería.
-O/a titular do centro directivo de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, en representación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
-Suplente: o/a titular da Subdirección Xeral de Ensino e Desenvolvemento Pesqueiro da anterior consellería.
-O/a titular da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local en representación desta consellería.
-Suplente: o/a titular da Subdirección Xeral de coordinación Administrativa e Control Orzamentario da anterior consellería.
-O/a titular do centro directivo do Instituto Galego de Vivienda e Solo, en representación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
-Suplente: o/a titular do centro directivo técnico de Administración e Fomento da anterior consellería.
Secretario: o/a titular do centro directivo de Servicios Comunitarios e Inclusión Social da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
Suplente: o/a titular da Subdirección Xeral de Inclusión Social e Cooperación coas Corporacións Locais da anterior consellería.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Servicios Comunitarios e Inclusión Social para, no exercicio das súas competencias, dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.
Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2003.
María José Cimadevila Cea
Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego
e Relacións Laborais

