Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003 pola que se anuncia o concurso de ideas para a creación dun imagotipo.

A Comisión de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión ordinaria do día 24 de outubro de 2003, aprobou a convocatoria do seguinte concurso:

Obxecto: crear un imagotipo que sirva para identifica-la Deputación Provincial de Pontevedra e unifica-la serigrafía na documentación, impresos, papeis, carteis, etc.

Premios: este concurso estará dotado cos seguintes premios:

-Primeiro premio: doce mil euros (12.000 A).

-Accésit: cous accésit de mil cincocentos cada un (1.500 A).

Presentación de propostas: a data tope de presentación de propostas dos traballos será o 1 de decembro de 2003. A entrega efecturase no rexistro xeral da deputación provincial, de 9.00 a 13.00 horas.

Resolución do concurso: no prazo dun mes a partir da data de entrega de propostas, producirase a decisión do xurado, que será anunciada na páxina web da deputación.

Información: na páxina web da deputación www.depontevedra.es e no Servicio de Contratación da deputación. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 3 de novembro de 2003.

Rafael Louzán Abal

Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra

Rogelio Nicieza de la Cerra

Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra