De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999,
do 13 de xaneiro, despois de tentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe do Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luis Seoane s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, á norte) da Coruña, en horario das 9 ás 14 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 16 de outubro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial do Instituto Galego
de Consumo
ANEXO
Expediente: 15-943/03.
Interesado: Zhou Yin Hong (Mercería China).
NIF: X-1438703-F.
Acto notificado: acordo de incoación.

