Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 14 de novembro de 2003 Páx. 14.102

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de novembro de 2003, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

As actividades formativas que constitúen o obxecto da Escola Galega de Administración Pública non contan cun horario fixo e desenvólvense tanto en

Santiago de Compostela como fóra desta cidade, o que esixe un constante traslado de medios materiais e persoais, polo que é imprescindible dispor dun conductor con dispoñibilidade horaria. Por todo o exposto, faise necesaria a modificación da relación de postos de traballo da Escola Galega de Administración Pública.

En consecuencia, por proposta da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a comisión de persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 6 de novembro de 2003, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 6 de novembro de 2003, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública