De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do expediente administrativo sancionador que se
cita, por infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro), de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co artigo 17 do Regulamento de servicio e policía dos portos aprobado pola O.M. do 12 de xuño de 1976.
O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e, en virtude do disposto no artigo 39.1º a) del Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é a directora do ente público.
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (art. 107 en relación co artigo 114 da Lei 30/1992). O prazo para a súa interposición será dun mes (art. 115 da Lei 30/1992), contado desde a notificación desta resolución.
No caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectivo o importe da sanción na conta número 2091-0394-87-3040004217 da entidade Caixa Galicia, empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servicios centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2003.
Ana Isabel Calzadilla Bouzón
Directora do ente público Portos de Galicia
ANEXO
Expediente: Sanc 62/2003.
Matrícula: PO-6145-BT.
Denunciante: celador do porto.
Denunciada: Mercedes Carballeda Neira.
Último enderezo coñecido: rúa La Torre, nº 49, 36156, Lérez, Pontevedra.
Feito denunciado: estacionamento prohibido.
Data-hora-porto: 12-7-2002; 10.11 horas; Cangas.
Precepto infrinxido: art. 114.1º a) Lei 27/1992; art. 17 O.M. 15-6-1976.
Precepto sancionador: art. 120.1º Ley 27/1992.
Sanción proposta: 90,15 euros.

