Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.781

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

DECRETO 417/2003, do 1 de decembro, polo que se declara loito oficial con motivo do asasinato de sete militares españois en Iraq.

Para manifesta-lo seu sentimento e o do pobo galego por mor do asasinato de sete militares españois destinados en Iraq, o presidente da Xunta de Galicia ten a vontade de facer pública a súa dor, a do Goberno galego e a de tódolos cidadáns de Galicia.

É polo que,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase loito oficial desde as cero horas ata as vintecatro horas do día 2 de decembro, durante o cal as bandeiras oficiais ondearán a media hasta en tódolos centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, un de decembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente