Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/648-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. C.D. o Lugariño, Pazos de Reis II.

Situación: concello de Tui.

Descricións técnicas: ampliación da instalación L.M.T.S. e C.D. Pazos de Reis I, no concello de Tui, (expediente IN407A 02/330-4) cunha segunda L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor R.H.V., de 75 m de lonxitude, desde a subestación de Fenosa ata o C.D. existente, o que se amplía cunha cela de liña de saída no edificio I e tres celas SF6 no edificio II.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 21 de outubro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra