Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 31 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se inicia a caducidade do permiso de investigación Olle, número 4167, de titularidade Minas de La Barquiña, S.A.

A Delegación Provincial de Innovación, Industria e Comercio de Ourense dá a coñecer á Compañía Mercantil Minas de La Barquiña, S.A. co último enderezo coñecido en Santiago de Compostela, r/ Xeneral Pardiñas, nº 5, 1º B, que mediante resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 3 de xullo de 2003, se iniciou expediente

de caducidade do permiso de investigación Olle, nº 4167, pola causa prevista no artigo 108.c) do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978. Dispón dun prazo de 15 días hábiles para presentar alegacións ante a delegación provincial.

Este edicto produce os efectos de notificación previstos no artigo 59.4º da LRX-PAC do 26 de novembro de 1992.

Ourense, 31 de outubro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO