Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 11 de novembro de 2003 polo que se lle comunica á empresa Savecin, S.L. Asociados y Cía, S.C. o acordo de inicio de incumprimento total do expediente AF006.2001.1.114 relativo a axuda a proxectos do Plan de Consolidación e Competitividade da PEME, Sistemas de Calidade.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por este edicto ponse en coñecemento da empresa Save

cin, S.L. Asociados y Cía, S.C., titular do expediente AF006.2001.1.114, relativo á axuda a proxectos do Plan de Consolidación e Competitividade da PEME, Sistemas de Calidade (Resolución do 13 de xullo de 2001, DOG nº 142, do 23 de xullo de 2001), que con data 8 de outubro de 2003 o presidente do Igape acordou iniciar procedemento de incumprimento total das condicións de concesión da axuda outorgada, co obxecto de determina-lo alcance deste, que podería dar lugar á revogación da axuda concedida.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédeselle un prazo de 15 días hábiles desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustifica-la non procedencia deste presunto incumprimento. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica