Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2003 pola que se fai pública a adxudicación do contrato privado de seguro de vida e accidentes dos deputados e do persoal ó servicio do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de servicio:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 9/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: privado de seguros.

b) Descrición do obxecto: adxudicación, mediante concurso público, do contrato privado de seguro de vida e accidentes dos deputados e do persoal ó servicio do Parlamento de Galicia.

c) Lotes: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 179, do 16 de setembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 210.354,24 euros, IVE incluído. O prezo será obxecto de revisión anual de acordo coas idades dos asegurados, e os licitadores deberán incluír nas súas ofertas as tarifas de revisión que se aplicarán anualmente.

5. Adxudicación.

a) Data: 20 de outubro de 2003.

b) Contratista: Previsión Española de Seguros y Reaseguros, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 188.859,63 euros, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2003.

José María García Leira

Presidente