Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.927

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Visto o acordo do Pleno da Corporación Municipal do Concello de Carral (A Coruña) con data do 20 de novembro de 2003, relativo á modificación da clasificación do posto de secretaría, actualmente de clase terceira, en secretaría de clase segunda correspondente á subescala de secretaría, categoría de entrada.

Esta Dirección Xeral de Administración Local, de conformidade co establecido no artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, co artigo 159.1º do Real decreto 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto lexislativo 1732/1994, do 29 de xullo, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13 bis da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e a Orde do 12 de febreiro de 2003 sobre delegación de competencias, modificada pola Orde do 31 de outubro de 2003,

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-la clasificación do posto de secretaría do Concello de Carral (A Coruña) de clase terceira a clase segunda rerservándose a funcionario/as pertencentes á subescala de secretaría, categoría de entrada.

Segundo.-Crear posto de intervención, clase segunda do devandito concello, reservándose a funcionarios pertencentes á subescala de intervención-tesourería, categoría de entrada.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Dirección Xeral de Administración Local, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnala directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo determina o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2003.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local