Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/71-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Gloria Arias Álvarez.

Domicilio social: Enrique Arias, 16, 32300 O Barco de Valdeorras.

Denominación: L.M.T., C.T., para naves en Calabagueiros.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Características técnicas: liña a 15 kV subterránea, de 100 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/24 kV, con orixe no apoio nº 4 da liña nº 2.104 (Unión Fenosa, S.A.) e remata no C.T. proxectado en caseta con 160 kVA, R/T 15.000/380-220 V. Preto das naves.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 18 de setembro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense