Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/499-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Eléctra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36280 Vigo.

Denominación: L.M.T. de C.T. Lagoa a apoio 1 L.M.T. Salceda.

Situación: concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor R.H.V., de 425 m de lonxitude, con orixe no C.T. Lagoa e remate no apoio 1 da L.M.T. Salceda, rúa Rosalía de Castro no concello de Salvaterra de Miño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 20 de outubro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra