Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.938

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador PO-INC-03/112 e outro máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, ás alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, no Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta, (Pontevedra). Conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 6 de novembro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-INC-03/112.

Denunciado: Perjan, S.L.

Último enderezo coñecido: Saxamonde Valos, 86, 36800 Redondela.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en masa forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 300,51 euros.

Expediente: PO-INC-03/120.

Denunciado: Albino Rodríguez Rodríguez.

Último enderezo coñecido: Miranciños, 41, Vide, 36446 As Neves.

Feito denunciado: vertedura do lixo no monte.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 150,25 euros.