Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2003, da Secretaría xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente e anticipada de gasto, para a contratación do servicio de limpeza do edificio destinado á sede do Gabinete de Seguridade e Hixiene da Coruña. (Expediente 1/2004).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: limpeza do edificio destinado á sede do Gabinete de Seguridade e Hixiene da Coruña.

b) Prazo de execución ou data límite de entrega: 1 ano, contado desde o 1 de xaneiro de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: corenta e dous mil oitocentos cincuenta e tres euros con vintetrés céntimos (42.853,23 euros, IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais; edificio administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 56 50/981 54 01 03; fax: 981 54 69 69. w.w.w.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Ver punto 6.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do quinto día natural, contado desde o día seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: 9,56 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos

Sociais, Emprego e Relacións Laborais