Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do 25 de novembro de 2003 de concurso aberto para a contratación da dirección de obra de construcción dunha pista polideportiva aberta e cuberta e a urbanización da parcela do centro cívico de Teis de Vigo.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo, dependencia: Participación Cidadá. Nº de expediente: 1941-320.

2. Obxecto do contrato: descrición: dirección das obras de construcción dunha pista polideportiva cuberta e urbanización da parcela do centro cívico de Teis.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: 7 meses.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 11.800 euros.

5. Garantía: provisional: non se esixe.

6. Obtención da documentación información: Oficina de Información Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 25 de novembro de 2003.

Mª Luisa Graña Barcia

Concelleira de Patrimonio