Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.948

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 15 de outubro de 2003, da Dependencia Provincial de Recadación de Zaragoza, polo que se publica citación por comparecencia para a notificación de diversos actos administrativos.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria (na súa redacción dada polo artigo 28.1º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de

medidas fiscais, administrativas e de orden social), e intentada a notificación ó interesado ou ó seu representante, sen que fora posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante este anuncio, que se encontran pendentes de notifica-los actos o interesado e procedemento dos cales se especifican na relación que se xunta.

En virtude do anterior, dispoño que os suxeitos pasivos e obrigados tributarios indicados no anexo, ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no boletín oficial que corresponda, en horario de 9.00 a 14.00 horas, nesta dependencia de recadación da delegación de AEAT de Zaragoza para o efecto de practica-la notificación do acto citado.

Lugar de comparecencia: delegación de AEAT de Zaragoza, rúa Albareda, 16, planta baixa mostrador nº 11.

Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non comparecer no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado.

Zaragoza, 15 de outubro de 2003.

Jorge Puyuelo Gros

Xefa da Dependencia Provincial de Recadación

de Zaragoza

ANEXO

NIFNome ou razón socialExpedienteProcedemento

X1822227-YDos Santos César-BatistaC1100002320029987Providencia de constrinximento

X1822227-YDos Santos César-BatistaC1100002320150382Providencia de constrinximento

17245423-TGarmendia Molinero Mª Teres.C1100002320107933Providencia de constrinximento

B0031269-DTennant Europ BV sucursal enC1100003320051933Providencia de constrinximento

B50659093Transgofer Seguridad, S.L.C1100003150011766Providencia de constrinximento