Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.352

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2003 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de fisioterapeuta (grupo II) vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Sendo necesaria a provisión do posto de fisioterapeuta, número L264 da vixente relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servicios, publicada por Resolución do 26 de agosto de 2003 (DOG do 5 de setembro), e aprobado polo Consello de Goberno o sistema de selección de concurso-oposición para a súa provisión, segundo establece o artigo 111.3º dos estatutos,

Este rectorado, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24

de decembro), así como nos estatutos desta universidade, e co obxecto de atende-las necesidades do Servicio de Prevención de Riscos Laborais,

RESOLVE:

Primeiro.-Convocar probas selectivas para cubrir unha praza de fisioterapeuta, grupo II.

As probas selectivas realizaranse con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

1. Solicitudes

1.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo na instancia segundo o modelo que figura como anexo IV. Á instancia xuntaráselle fotocopia do documento nacional de identidade, acreditándose ademais o pagamento dos dereitos de exame na forma prevista no punto 1.2.

As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade da Coruña (Edificio do Rectorado, rúa da Mestranza, s/n, CP 15001) e Ferrol (Vicerrectorado do Campus, Doutor Vázquez Cabrera, s/n, CP 15403), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

1.2. Os aspirantes deberán xustifica-lo pagamento na conta corrente 0049-5030-15-2516011262, concursos-oposicións; Banco Santander Central-Hispano da Coruña, da cantidade de 31 euros por dereitos de inscrición. A solicitude deberá ir acompañada do xustificante acreditativo do ingreso; a súa falta determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso o pagamento suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude ante o órgano expresado no punto 1.1.

1.3. Os aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberán acreditalos mediante a presentación dos documentos xustificativos orixinais ou copias compulsadas. Os servicios prestados na Universidade da Coruña acreditaranse mediante certificación expedida pola xerencia da universidade, referida á data de publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria e deberá incorporarse á solicitude.

1.4. Os aspirantes que padezan algunha discapacidade, poderán indicalo no recadro número 14 da instancia e solicitar, se é o caso, as posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria, expresándoo no recadro número 15.

1.5. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

2. Requisitos dos candidatos

2.1. Para ser admitido á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir e mante-los seguintes requisitos:

a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballa

dores nos termos en que esta está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación nos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder dos sesenta e cinco.

c) Estar en posesión da titulación de diplomado en fisioterapia, ou en condicións de obtela na data que remate o prazo de presentación das solicitudes.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas por sentencia firme. Os aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

2.2. Tódolos requisitos deberán posuírse no momento de remata-lo prazo de presentación das solicitudes e gozar deles durante o proceso selectivo.

3. Discapacidades.

3.1. Para a realización das probas selectivas o tribunal cualificador delas establecerá, para as persoas con minusvalidez que o demandasen na solicitude de admisión, as adaptacións posibles de tempos e medios.

3.2. Se no desenvolvemento do proceso selectivo se suscitaran dúbidas ó tribunal respecto á capacidade dos aspirantes con algunha discapacidade para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos traballadores da categoría de fisioterapeuta, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente da Comunidade Autónoma.

4. Listas de admitidos e excluídos.

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, no prazo máximo de vinte días naturais, o rector da universidade dictará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, declarando aprobadas as listas de aspirantes admitidos e excluídos, que serán feitas públicas no taboleiro de anuncios do Rectorado da universidade e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, con mención expresa do nome, apelidos e documento nacional de identidade e, se é o caso, as causas de exclusión.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación da referida resolución, para corrixi-lo defecto que motivase a

exclusión. Transcorrido o devandito prazo o rector dictará resolución declarando aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

4.2. O feito de figurar na lista de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 10.1 desta convocatoria.

5. Sistema selectivo.

5.1. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición, coa valoración de méritos, exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I.

5.2. O programa das probas da fase de oposición é o que figura como anexo II.

6. Tribunal cualificador.

6.1. O tribunal cualificador é o que figura como anexo III desta convocatoria.

6.2. O tribunal na súa constitución, composición e funcionamento aterase ó disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de persoal de administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

6.3. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas no número que considere necesario.

6.4. O tribunal terá a categoría segunda das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

6.5. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no Rectorado da Universidade da Coruña (rúa Mestranza, s/n).

7. Calendario das probas.

7.1. O lugar e data de comezo dos exercicios será feito público na resolución rectoral que aprobe as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos.

7.2. A duración máxima das probas selectivas será dun ano desde a data de publicación desta convocatoria.

7.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente considerados polo tribunal. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal coa finalidade de acredita-la súa identidade.

8. Aspirantes de nacionalidade estranxeira.

8.1. Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acredita-lo coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na que se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

8.2. O contido desta proba axustarase ó disposto no Real decreto 826/1988, do 20 de xullo (BOE do 29 de xullo), polo que se establecen diplomas acreditativos do coñecemento do español como lingua estranxeira. A proba cualificarase con apto ou non apto, sendo necesario obte-la valoración de apto para pasar a realiza-los exercicios da fase de oposición. Quedan eximidos de realizar esta proba os aspirantes que acrediten, mediante fotocopia compulsada, estar en posesión do diploma superior de español como lingua estranxeira, establecido polo Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, modificado e completado polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro, ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas. De non presentar esta documentación non poderán ser declarados exentos e deberán, en consecuencia, realiza-la proba descrita no parágrafo anterior.

9. Lista de aprobados.

9.1. O tribunal fará pública a valoración dos méritos da fase de concurso unha vez finalizado o último exercicio da fase de oposición.

9.2. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública no Rectorado da Coruña, no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, e no lugar ou lugares de celebración do exercicio, así como naqueles outros que estime oportuno, a puntuación obtida polos aspirantes neste, así como, se é o caso, a de cada unha das probas que o compoñan.

Posteriormente, o tribunal fará público, neses mesmos lugares, o mome do candidato aprobado, facendo constar, así mesmo, a puntuación obtida calculada de acordo co sistema previsto no anexo I. Os restantes opositores terán a consideración de non apto para tódolos efectos, único extremo acerca do que o tribunal poderá certificar.

9.3. O tribunal remitirá ó rector o nome do aspirante aprobado, con proposta de que se lle formalice o correspondente contrato de traballo.

10. Presentación de documentos e formalización dos contratos.

10.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte ó que se fixese público o nome do candidato aprobado nas probas selectivas, este deberá presentar no Servicio de Persoal de Administración e Servicios da Universidade da Coruña (rúa da Maestranza, s/n) os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido para acceder ás probas.

b) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. De non posuí-la nacionalidade española deberá presentar declaración ou promesa de non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal que inhabilite no seu Estado o acceso á función pública.

c) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que imposibiliten para o servicio.

10.2. Formalizados debidamente polo aspirante que superou as probas selectivas os trámites de presentación de documentos, será contratado como fisioterapeuta da Universidade da Coruña.

10.3. O período de proba será de tres meses, durante o que o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes ó posto de traballo que desempeñe, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable ó aspirante que con anterioridade desempeñase funcións similares na Universidade da Coruña.

Segundo.-Estas probas selectivas axustaranse ó disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de persoal de Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, á Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro), sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, e as bases desta convocatoria.

Terceiro.-Esta convocatoria, as súas bases, e cantos actos administrativos se deriven delas poderán ser impugnados ante a xurisdicción do contencioso-administrativo nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 27 de novembro).

Así mesmo, os interesados poderán interpor recurso de alzada contra os actos do tribunal cualificador das probas ante o rector da Universidade da Coruña, nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da mencionada lei.

A Coruña, 13 de novembro de 2003.

(Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións

ANEXO I

Fisioterapeuta

Procedemento de selección

Fase de oposición.

A) Exercicios.

A fase de oposición consistirá na realización de tres exercicios, todos eles obrigatorios.

Primeiro exercicio: consistirá en contestar un cuestionario de, alomenos, 60 preguntas con res

postas múltiples, entre as que só unha será correcta, baseado no contido que para este exercicio se fixa nos módulos I e II do programa.

Os aspirantes terán un prazo de alomenos setenta e cinco minutos para a realización do exercicio e a súa valoración será de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter 5 puntos para ter acceso ó exercicio seguinte.

Segundo exercicio: consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema, elixido entre tres propostos polo tribunal, correspondentes á parte específica do programa que se inclúe como anexo II a esta convocatoria.

Os aspirantes disporán dun prazo de alomenos unha hora para a realización deste exercicio. A cualificación do exercicio será de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter 5 puntos para ter acceso ó seguinte exercicio.

Terceiro exercicio: consistirá na traducción, sen diccionario, de dous textos propostos polo tribunal, un do galego para o español e outro do español para o galego e a súa valoración será de 0 a 10 puntos. Este exercicio non terá carácter eliminatorio.

B) Valoración da fase de oposición.

A cualificación final da fase de oposición obterase da seguinte forma: (0,3 x nota 1º exerc. + 0,6 x nota 2º exerc. + 0,1 x nota 3º exerc.) x 8, polo que terá un valor máximo de 80 puntos.

Fase de concurso.

Nesta fase valóranse, ata un máximo de 20 puntos, os seguintes méritos:

1. Os servicios prestados na categoría profesional de fisioterapeuta ou equivalente como persoal de administración e servicios.

a) Os servicios prestados na Universidade da Coruña en réxime de contrato temporal, a razón de 0,50 puntos por cada mes completo ou fracción, ata un máximo de 10 puntos.

b) Os servicios prestados noutras administracións públicas, a razón de 0,05 puntos por cada mes completo ou fracción, ata un máximo de 5 puntos.

2. Cursos impartidos por organismos públicos ou empresas de prestixio recoñecido relacionados co posto ofertado e cursos de língua galega, ata un máximo de 5 puntos.

Sistema de puntuación.

A cualificación final das probas, que como máximo será de 100 puntos, virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e concurso. En caso de empate dentro de cada epígrafe, a orde establecerase atendendo á maior puntuación obtida na fase de oposición, se isto non fose suficiente á maior puntuación obtida no segundo exercicio, e se isto non fose suficiente no primeiro exercicio. Se persistise o empate, este dirimiriase pola orde alfabética do primeiro apelido dos aspirantes empatados, iniciándose a antedita orde pola letra determinada en sorteo pola Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galicia para o ano no que se realiza a proba.

ANEXO II

Fisioterapeuta

Programa das probas

Módulo I. Parte xeral.

1. A Constitución: Dereitos fundamentais e libertades públicas. Dereitos e deberes dos cidadáns. A educación.

2. O Estatuto de autonomía de Galicia. O Parlamento. A Xunta de Galicia e o seu presidente. As competencias exclusivas. A Facenda da Comunidade Autónoma.

3. Marco supranacional do ensino superior: declaración de dereitos humanos. O Tratado da UE. A Declaración Mundial sobre Educación Superior.

4. A Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades. O Consello de Coordinación Universitaria. Ensinanzas e títulos. A habilitación nacional.

5. O goberno das universidades: órganos colexiados e unipersoais. Os órganos de goberno da UDC e as súas competencais.

6. A comunidade universitaria: o profesorado. Os estudiantes. O persoal de administración e servicios.

7. Os estatutos da Universidade da Coruña: natureza e funcións da universidade.

8. Estructura da Universidade da Coruña: departamentos, facultades, escolas, institutos de investigación e centros adscritos.

9. Réxime económico das universidades. Caso da UDC.

10. Os consellos sociais: lexislación española e galega.

Módulo II. Parte específica.

1. O sistema esquelético: esqueleto axial. Cranio, ósos craniais, ósos faciais, columna vertebral, discos intervertebrais, rexións da columna vertebral. Tórax, esterno, costelas - Esqueleto apendicular. Cintura torácica, cintura pélvica, extremidade superior, extremidade inferior.

2. Clasificación das articulacións. Tipos de articulacións sinoviais, tipos de movementos nas articulacións sinoviais.

3. Tecido muscular. Tipos, funcións e propiedades do tecido muscular. Mecanismo de contración e relaxación. Tipos de fibras musculares. Rexeneración do tecido muscular.

4. Texedo nervioso. Estructura, función, organización do sistema nervioso. Rexeneración e reparación do tecido nervioso.

5. Anatomía da medula espiñal e nervios raquídeos. Distribución dos nervios espiñais, ramas, plexos, nervios intercostais.

6. O encéfalo e os nervios craniais. Aspectos xerais da organización e do rego sanguíneo do encéfalo. Producción e circulación de líquido cefalorraquídeo. Tronco encefálico, cerebelo, diencéfalo, cerebro, áreas sensoriais, área motora, áreas de asociación, lateralización hemisférica. Nervios craniais.

7. Sistema cardiovascular. Corazón, estructura e función do corazón, circulación xeral, pulmonar, coronaria. Ciclo cardíaco, regulación do volume sistólico. Regulación da frecuencia cardíaca. Vasos sanguíneos. Velocidade, volume do fluxo sanguíneo. Presión sanguínea, resistencia vascular, retorno venoso.

8. Artrose. Etiopatoxenia da artrose, artrose de articulacións periféricas, artrose cervical e outras síndromes dolorosas cervicais. Dorsalxias, espondilose dorsal. Lumbago, hernia discal e artrose da columna lumbar.

9. Fibromialxia e outros reumatismos asociados a trastornos psicóxenos.

10. Síndromes reumáticas na medicina laboral.

11. Cinesiterapia activa, pasiva: concepto, accións fisiolóxicas. Finalidades, indicacións e contraindicacións. Obxectivos xerais. Principios xerais da súa aplicación.

12. Cinesiterapia activa-resistida. Métodos de musculación. Indicacións e contraindicacións.

13. Cinesioloxía: eixes e planos do corpo. Gonometría articular: concepto, rexistro, ténicas goniométricas. Amplitudes articulares dos MM.SS., MM.II. e columna vertebral. Valoración muscular: principios xerais, sistemas de gradación, técnica de valoración muscular.

14. Electroterapia: concepto, clasificación das correntes eléctricas na fisioterapia. Técnicas electroterápicas con correntes de media, baixa e alta frecuencia. Indicacións e contraindicacións.

15. Masoterapia: concepto, indicacións e contraindicacións, efectos terapeúticos, técnicas de masoterapia e manobras fundamentais: rozamento, presión, amasamento, vibración e percusión. Técnicas especiais de masoterapia.

16. Fisioterapia en reumatoloxía, artropatías inflamatorias, reumatismos dexenerativos. Periartrite escápulo umeral.

17. Fisioterapia no adulto: risco cardiovascular. Exercicio físico. Adaptación en función da patoloxía de base: hipertensión arterial, diabete, obesidade, plan fisoterapeútico personalizado. Adherencia terapéutica.

18. Fisioterapia na patoloxía neurolóxica do sistema nervioso central: valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes do sistema nervioso central: síndromes neurolóxicas, lesións da medula espiñal, lesións cerebrais.

19. Fisioterapia en patoloxía neurolóxica do sistema nervioso periférico: valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterapeúticos. Técnicas e métodos de tratamento nas afeccións máis frecuentes, parálise periféricas tronculares, lesións de plexo branquial.

20. Terapia manual. Xeneralidades. Clasificación das técnicas manipulativas. Indicacións e contraindicacións.

21. Traumatoloxía e ortopedia, tipos de fracturas, fracturas patolóxicas, factores que afectan a consolidación das fracturas. Complicacións. Ombro doloroso, epicondilite, epitrocleíte, escordaduras, luxacións.

22. Ultrasóns terapéuticos.

23. Láser terapéutico.

24. Radiación infravermella. Fototerapia.

25. Protección fronte a radiacións non ionizantes.

26. Hidroterapia. Técnicas hidroterápicas.

27. Vendaxes funcionais.

28. Termoterapia e crioterapia.

29. Organización e dotación da unidade de fisioterapia. Formulación de obxectivos. A historia clínica: recollida de datos, informes, evolución e alta.

30. Ergonomía aplicada: ó ordenador, ó mobiliario e á prevención de enfermidade laboral.

31. Saúde laboral. Condicións fisicoambientais do traballo.

ANEXO III

Fisioterapeuta

Tribunal cualificador

Titulares.

Presidente: Eliseo Alfonso Barca Lozano, rector en funcións da Universidade da Coruña.

Vocais:

José Vicente Echevarría González, xefe do Servicio de Persoal de Administración e Servicios.

Rafael Martín Acero, director do INEF de Galicia.

Eva Domínguez Costas, representante do comité de empresa.

Rogelio Lage Vázquez, representante do comité de empresa.

Secretario: Manuel Romero Beade, técnico en relacións laborais e asistencia social.

Suplentes.

Presidenta: Rosa Meijide Failde, catedrática de escola universitaria da escola universitaria de fisioterapia.

Vocais:

Jesús Fernández Jiménez, xefe do Servicio de Contratación e Administración.

Juan Rego Álvarez de Mon, xefe do Servicio de Persoal Docente e Investigador.

Alberto Núñez Cardezo, representante do comité de empresa.

María José Grueiro Maroño, representante do comité de empresa.

Secretario: Daniel Miguélez Costa, xefe da Sección de Selección e Xestión do Persoal Docente e Investigador.