Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo dereitos fundamentais número 0000013/2003, interposto por Carmen Carpente Leira, Flora Carpente Leira e Sandra Rebolo López.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, solicitude de remisión do expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo dereitos fundamentais número 0000013/2003, interposto por Carmen Carpente Leira, Flora Carpente Leira e Sandra Rebolo López, contra a Resolución do 11 de agosto de 2003 do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na súa sesión do 8 de agosto de 2003, relativo á anulación de preguntas do terceiro exercicio da fase de oposición en acceso libre e promoción interna.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 116.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Ad

ministrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 5 (cinco) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública