Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso, por procedemento aberto, de prestación de servicio.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social. Inludes.

2. Obxecto: prestación do servicio de limpeza das (oficinas, aseos, laboratorio e aulas de formación) da granxa provincial Gayoso Castro.

3. Orzamento: sete mil setecentos noventa e sete euros (7.797 euros).

4. Duración do contrato: un ano.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Unidade Xeral de Xestión.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, de 10.00 a 14.00 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 279, do 4 de decembro de 2003.

Lugo, 4 de decembro de 2003.

Antonio Muíña Pena

Presidente do Instituto Lucense de

Desenvolvemento Económico e Social

Faustino Martínez Fernández

Secretario do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social