Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.483

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 9 de decembro de 2003 pola que se desenvolve o Decreto 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 20.1º que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia exercer tódalas facultades que a Lei orgánica do poder xudicial e a Lei orgánica do Consello Xeral do Poder Xudicial lle recoñezan ou atribúan ó Goberno do Estado.

Neste sentido, o Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, transferiulle á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza.

No exercicio desas competencias, a Xunta de Galicia estableceu un marco normativo axeitado ás peculiaridades da nosa comunidade autónoma, a través do Decreto 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia, que na súa disposición derradeira primeira autoriza o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local para dicta-las disposicións precisas para o seu desenvolvemento e aplicación. Por outra banda, no seu

artigo 39 establécese o procedemento para a actualización das cantidades fixadas para compensar economicamente as actuacións dos avogados e procuradores en materia de asistencia xurídica gratuíta.

Coa finalidade de adapta-la nomenclatura do anexo II ós procesos regulamentados pola Lei 1/2000, de axuizamento civil, pola Lei orgánica 5/2000, reguladora da responsabilidade penal dos menores, e pola lexislación en materia de estranxeiría; así como proceder á actualización dos módulos e bases de compensación económica pola prestación do servicio de representación gratuíta, faise necesario adapta-lo devandito anexo II do decreto.

Na súa virtude, de acordo cos colexios de avogados e procuradores, e consultada a Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo único.-Actualízanse os módulos e bases de compensación pola prestación dos servicios de asistencia letrada e de defensa e representación gratuítas aplicables durante o ano 2004 e que se determinan no anexo II do decreto, modificado pola Orde do 18 de setembro de 2001.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2004.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2003.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local

ANEXO II

Módulos e bases da compensación económica

Baremos para o ano 2004

Avogados/Tipoloxía

Módulo

Asistencia ó detido ou preso
Asistencia individualizada80 A

Xurisdicción penal
Procedemento ante o Tribunal do Xurado 400 A
Asistencia diaria á vista ante o Tribunal do Xurado a partir do segundo día100 A
Procedemento ordinario por delicto390 A
Procedemento abreviado de especial complexidade (causa de máis de 1.000 folios)390 A
Procedemento por delicto contra a seguridade do tráfico (alcoholemias)200 A
Procedemento penal abreviado260 A
Proc. axuizamento rápido de delictos sen conformidade265 A
Proc. axuizamento rápido de delictos con conformidade200 A
Xuízo de faltas110 A
Menores. Proceso terminado con sentencia155 A
Menores. Proceso con outras formas de terminación132 A
Recurso ante o xulgado de vixilancia penitenciaria con intervención preceptiva ou designación de avogado por requirimento xudicial, conforme o artigo 21 da Lei de asistencia xurídica gratuíta120 A
Saídas a centros de prisión (máximo dúas saídas por proceso)17 A
Desprazamentos para a asistencia a xuízo oral (avogados con despacho oficial nun partido xudicial distinto do da sede do xulgado do penal ou da audiencia provincial)35 A
Recursos de apelación. Proceso por delicto120 A
Recursos de apelación. Xuízo de faltas100 A

Xurisdicción civil
Procedemento ordinario275 A
Xuízo verbal 180 A

Módulo

Proceso matrimonial contencioso completo285 A
Proceso matrimonial de mutuo acordo138 A
Medidas provisionais previas á demanda40 A
Modificación de medidas 220 A
Proceso sobre filiación, paternidade ou capacidade, agás expedientes do artigo 763 da LAC200 A
Monitorio 60 A
Actuación nun proceso como contador partidor 150 A
Proceso de división xudicial de patrimonios150 A
Execucións de títulos xudiciais con oposición (556.1 LAC) e posteriores a dous anos150 A
Cambiario e execución de títulos non xudiciais100 A
Expedientes de xurisdicción voluntaria e expedientes de internamento non voluntario por razón dun trastorno psíquico135 A
Recursos de apelación 120 A

Xurisdicción contencioso-administrativa
Recurso contencioso-administrativo275 A
Recurso contencioso-administrativo. Proc. abreviado190 A
Vía administrativa (estranxeiría e asilo)60 A
Recursos de apelación 120 A

Xurisdicción social
Procesos laborais (ordinario e especiais)165 A
Recursos de suplicación120 A

Xurisdicción militar
Proceso íntegro180 A

Recursos de casación e amparo
Recurso de casación300 A
Recurso de casación cando non se formaliza e hai só anuncio19,83 A
Recurso de amparo300 A

Actuacións extraprocesuais
Transaccións extraxudiciais(*) 75%
Informe motivado da insostibilidade da pretensión65 A
Desistencia previa ó proceso por pasividade da persoa axuizable, estudio e preparación do asunto, previa á presentación da demanda(*) 30%

Normas xerais
Sometemento(*) 30%
Execución da sentencia posterior ós dous anos de recaída a resolución xudicial, agás na xurisdicción civil(*) 30%

(*) Sobre o módulo aplicable ó procedemento

Procuradores/Tipoloxía

Módulo

Xurisdicción penal
Procedemento ante o xulgado de instrucción en sumarios ou causas perante o Tribunal do Xurado18 A
Intervención ante o xulgado de instrucción en procedementos abreviados de especial complexidade (actuacións de máis de 1.000 folios)18 A
Intervención ante o xulgado de instrucción en procedementos abreviados12 A
Intervención ante o xulgado de instrucción en xuízos rápidos18 A
Xuízo oral ante a audiencia provincial 15 A
Xuízo oral ante o xulgado do penal 15 A
Xuízo de faltas (*)24 A
Recurso de apelación 21 A
Procedemento ante o xulgado de vixilancia penitenciaria (*)18 A

Xurisdicción civil
Procedemento ordinario30 A
Xuízo verbal e procesos especiais24 A
Proceso matrimonial contencioso (completo)40 A
Proceso matrimonial de mutuo acordo30 A
Medidas provisionais previas12 A
Modificación de medidas definitivas36 A
Recurso de apelación 21 A

Xurisdicción contencioso-administrativa
Recurso contencioso-administrativo (*)24 A
Recurso de apelación (*)21 A

Xurisdicción social
Proceso laboral (*)24 A
Recurso de suplicación (*)21 A

Xurisdicción militar
Proceso íntegro24 A

Módulo

Recursos de casación e amparo
Recurso de casación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia25 A

(*) Cando a intervención do procurador sexa requirida expresamente pola autoridade xudicial de conformidade co artigo 6.3º da Lei 1/1996, de asistencia xurídica gratuíta.