Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 31 de decembro de 2003 Páx. 16.390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 18 de novembro de 2003 pola que se declara a alienabilidade dunha caseta de legoeiros situada no p.k. 64 da estrada C-553, termo municipal da Pobra do Brollón (Lugo).

Polo Decreto 291/2003, do 4 de xuño (DOG nº 124, do 27 de xuño), desafectouse un inmoble da Comunidade Autónoma de Galicia transferido en virtude do Real decreto 3317/1982, do 24 de xullo (BOE nº 291, do 4 de decembro), modificado polo Real decreto 2708/1983, do 21 de setembro (BOE nº 255, do 25 de outubro), sobre transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente Rexistro da Propiedade do ben inmoble a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico deste ben patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do ben inmoble que se describe a continuación:

Inmoble situado no punto quilométrico 64 da estrada C-533 da Gudiña a Lalín, no termo municipal da Pobra do Brollón (Lugo), dunha superficie aproximada de 1.060 m. Sobre este predio construíuse unha caseta de legoeiro dunha superficie aproximada de 127m. Estrema ó norte, con Isabel Rego Valcárcel; ó sur, con Gerardo Rego Álvarez; ó leste, coa estrada C-533 da Gudiña a Lalín e ó oeste, con máis de José Rego de la Fuente.

Está inscrito no Rexistro da Propiedade de Quiroga, no tomo 222, libro 86 da Pobra do Brollón, folio 214, predio nº 8098, inscrición 1ª. Referencias catastrais 000200800PH 30F0001FS e 27047A041006880000SM.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2003.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda